Quantcast
Channel: AUDICIÓN E LINGUAXE
Viewing all 158 articles
Browse latest View live

O tigre Greti

$
0
0

 

Nestes días nos que os nenos e nenas do CRA están a aprender moitas cousiñas dun país tan fascinante como é a India, de alí veu un tigre chamado GRETI co que estamos a practicar os sinfóns. 

Greti trouxo unha chea de palabras que non sabe pronunciar ben, e pediunos que lle axudemos a dicilas ben.

Moitas destas palabras están neste xogo, e se vos animades podedes practicalas tamén na casa :

 
Palabras : timbre, troncos, cuadro, abrochar, microondas, almendra, ladrillo, astronauta, libros, croquetas, piedras, abrigo, micrófono, bruja, cocodrilo, fruta, cabra, exprimidor, trompeta, árbitro, fregona, fregadero, cofre, disfraces, cruz roja, estropajo, brazo, fresa, cremalleras, estrella, cuadrado y tren.

















Adiviñas de Nadal

$
0
0

A fermosa imaxe coa que inicio esta entrada é de Paulo Galindro e titúlase "Um Natal mais ecológico". Elexina porque nos recorda a importancia do coidado do medio ambiente e da reciclaxe. Estos días vin nas aulas verdadeiras obras de arte en forma de adornos de nadal feitos con materiais reciclados. ¡Bravo por todas as mestras e alumn@s recicladores!

Nós tivemos que adiviñar uns acertixos relacionados co Nadal. Jacobo, Ainhoa e Mateo vannos dicir dous deles,
¿ides acertalos?    ¡seguro que si!

Escoitade con atención : 

 


 


E aquí están todas as adiviñas que fixemos :


 


Despois preparamos uns carteis moi decorados para poñelos na clase e desfrutar coas adiviñas cando queiramos.


 Carrio: 






Vixoi :

 




Guísamo:






Silvoso :

¡¡ Felices Festas !!

$
0
0
Ilustración de Andrés Martínez Ricci


Os trabalinguas de Aldán

$
0
0


Un día, na escola de Carrio, Aldán díxome :
-Profe, sei un trabalinguas ¿queres que cho diga?

Pero Aldán non só sabía un trabalinguas, sabía moitos, así coma un recitado tan longo que nos deixou coa boca aberta.


Resulta que Aldán ten na súa casa un fantástico libro de trabalinguas que moi amablemente nos deixou e do que escollín algunhas que estivemos a practicar. 













Coma sabedes eu considero que os trabalinguas, os refráns, os recitados, as lerias, as adiviñas... favorecen dun xeito moi lúdico a mellora da linguaxe dos nenos e nenas. Desde aquí anímovos a xogar cos vosos fillos a aprendelos, xa veredes a ilusión que lles fai ser capaces de logralo. 

¡¡ O agradecemento a Aldán e a súa nai Isa por deixarnos o libro dos trabalinguas !!
 

As Receitas da Paz

$
0
0

A avoa do dragón Pepón fixo unha sopa que levaba uns ingredentes moi especiais : bicos, apertas... era a "Sopa da Paz" .


Nós tamén "cociñamos" unhas receitas que o que intentan por enriba de todo é alimentar a PAZ.

¡ Imos saborealas !















¡¡ Bo proveito !!

As palabras máis fermosas

$
0
0

A partires do conto "El hombrecillo de papel" buscamos as palabras máis fermosas para encher o noso home de cartón, que durante uns días percorreu tódalas escolas do CRA de Bergondo. Coma ben dixo Pedro Marcos (da escola de Carrio) : "Botamos fóra as palabras malas e quedamos coas boas".














Unha HUG (aperta) ben grande para a profe Cova e agradecerlle que levase ao Homiño de papel á escola de Lubre  ¡¡moitas grazas!!


E velaquí dous vídeos, un para ver o ben que o fixeron os nenos e nenas, enchendo de cores e palabras o home de papel e outro para lembrar este conto tan fermoso que fala de paz, "El hombrecillo de papel" :


 



Contos, xogos e cancións para a PAZ

$
0
0

Hoxe foi un día onde compartir os contos da editorial kalandraka na voz de Patricia e coa música de Alex, onde desfrutar dos xogos cooperativos cos compañeiros de todas as escolas e onde cantarlle á PAZ. 



Este vídeo é para facervos partícipes da nosa mensaxe de PAZ :


¡ Viva o entroido !

$
0
0

Festexamos o entroido cunha nova aventura do dragón Pepón e recitamos unhas lerias.
¡Esta é a festa máis divertida do ano e gústanos moito!


¡¡ A gozar doENTROIDO!! 



























Adiviña...que animal é?

$
0
0

Xa sabedes o moito que nos gustan as adiviñas e canto desfrutamos acertando nelas. Desta vez non se nos escapou nengunha... ¿xogades connosco ás adiviñas?








E se quedáchedes con ganas de máis adiviñas de animaliños...aquí as tedes :



Materiais para as familias : xogo do CH

$
0
0

¡¡ Imos xogar con son  "CH" !!



Chico, chaleco, chupete, salchichas, noche, hache, brocha, chica, chapa, salchichón, chicle, choque, chaqueta, champú, charco, anchoas, coche, chocolate con churros, chimenea, ducha, chocolate, chino, chorizos, colcha, coches de choque, cuchara, hacha, estuche, leche, lechuga, percha, mochila.




Podemos practicar a pronuncia do CH con estas onomatopeias :
 


 E tamén con cancións que levan palabras con "CH" :

 



Actividades na pizarra dixital

$
0
0


A pizarra dixital é un recurso moi valioso á hora de preparar e levar a cabo actividades interesantes e motivadoras para os/as nenos/as. Nestas imaxes podedes ver coma traballamos a discriminación auditiva e a secuenciación temporal. 



¡ Escoitando con atención recoñecemos tódolos sons !






Premendo na seguinte imaxe atoparedes máis actividades de discriminación auditiva :



E agora toca ordear secuencias e explicalas :





Premendo na seguinte imaxe atoparedes actividades para ordear secuencias :


 


¡Unha primavera chea de poemas!

$
0
0

Démoslle a benvida á primavera con estos poemas :















Os nenos e nenas da aula dos círculos de Guísamo, ilustraron cunhas fermosas bolboretas esta poesía tan bonita de Nilda Zamataro :







Ditos para botar a sortes

$
0
0

Moitas veces, cando comezamos un xogo, recitamos unha leria. Pedro e Clara sortean así de ben : 


Estas son as lerias que aprendemos nestes días : 




















ORELLA PENDELLA é unha estupenda páxina que recopila gran cantidade de lerias e recitados infantís e da que están sacadas dúas das rimas anteriores. 
(Pinchade na imaxe para acceder a ela)


Os refráns de abril

$
0
0

 Ilustración de Angela Muss 


Este ano, no que levamos de abril, é ben certo que tivemos moita auga.

¿Será por iso que o refrán que primeiro nos ven á boca é "En abril augas mil"?

Pero hai máis refráns deste mes ¿querédelos coñecer? 









¡O poder máxico!

$
0
0

Toda a familia do dragón Pepón ten poderes máxicos : a nai, o pai, a avoa e mailo avó. ¡E agora Pepón tamén!  Nós non queriamos ser menos e escollemos os nosos poderes máxicos... ¿queredes saber cales son? Pois aquí están algúns deles ...







Imaxina animais

$
0
0
Ilustración de Kasia Bajerowicz



Este libro tan orixinal foi o punto de partida para o noso traballo da linguaxe e amosounos que cada obxecto poder agochar algo...


Imaxinando, imaxinando, atopamos unha chea de animais que antes non viamos... 


A este peixe-espello vanse achegar tódolos peixes presumidos do fondo do mar para ver o guapiños que son :


Os peixes achéganse a coñecer ao novo compañeiro :


¿ E que me dicides deste peixe-peite ? Creo que o mergullador quere peitearse con el ...


¿Quen anda pola cociña da aula dos triángulos?


¡¡ Vaia  !!  Pero se son ...


Con dous rolos de papel e unha parte da pista de carreiras facemos un :


Mirade que descubrimento... ¡ unha "teteirafante" !


Coidadiño cando coloreedes...un inofensivo rotulador pode ser...


Ohhhh, na mesa da profe atopamos ...


¡Vaia idea que tivo Daniel apilando cadeiras!


Como nesta clase coñecen tan ben a canción do Polo Pepe, tiña que aparecer ¿verdade?


Con moita rapidez, Manuel poido atrapar  este saltón que apareceu pola aula.


Amodiño, amodiño vai o noso :


Quen ia imaxinar que neste plátano atopariamos ...


A tartaruga xa está preparada para nadar ¡¡facédelle sitio peixiños que alá vai!!


Este platiño rosa non podía ser outra cousa que...


E xa que andamos por Exipto, ¡ moita precaución coas serpes ! Ainda que pola cariña de Xavi, decatámonos que ista non é perigosa.


Calquera dos xoguetes da clase pode sorprendernos... ¿a que agora o vedes con outros ollos?


Polo que parece, os animais mariños son os que máis abundan.


Andrés amósanos canto sabe de "dinos" :


¡Agora amímovos a mirar os obxectos que nos rodean con outros ollos e de seguro atoparedes cousas sorprendentes!


Libriños

$
0
0


Xa sabedes o moito que nos gustan as adiviñas e o ben que o pasamos acertando nelas. Pois fixemos un libriño con tres adiviñas que nos quedou así de ben :
 










Tamén fixemos outro libriño para practicar o son "R" forte :



As plantillas dos libriños :





 E un tutorial para facelos :

Recitando o maio

$
0
0


O mes de maio é o mes das flores e dámoslle a benvida cun poema. 

Aproveitando que nas escolas de Silvoso e Vixoi fixeron uns maios preciosos, recitamos o poemiña arredor deles :






Día das Letras Galegas 2013

$
0
0










Escenificamos un anaquiño da obra "Touporroutou da lúa e do sol", donde se explica como anoitece. Así comprendemos un pouco mellor o traballo de Vidal Bolaño, que xirou sempre arredor do teatro : escribindo, dirixindo e representando.







 Tamén  podedes  consultar  información  sobre  Vidal  Bolaño  nos  blogues :  Mestra de apoio e Biblioteca

¡Moita alegría!

$
0
0

Dende o Observatorio da Convivencia Escolar seguimos a diseñar e organizar actividades que melloren as habilidades emocionais.
E así foi como nas nosas conversas sobre as emocións tivemos un axudante moi especial : Mickey Mouse.
Houbo que descobrir entre tod@s o que lle pasaba a Mickey, por que se sentía así e lembramos as ocasións nas que nos sentiamos coma el.


Enfadad@s cando un amig@ non nos deixa un xoguete, contentos cando xogamos cos pais, un pouquiño avergoñad@s cando coñecemos a alguén novo, ás veces asustad@s coa escuridade... 

E de todas esas emocións estivemos de acordo que a    ALEGRÍA   é a que nos fai sentir mellor. 

¿ Estades de acordo ?
 











Viewing all 158 articles
Browse latest View live